Para
Facenda as “autónomas” son dividas en dous grandes grupos:
Empresarias e Profesionais. Esta distinción implica diferencias nas
obrigas fiscais a efectos do IRPF (Imposto da Renda das Persoas
Físicas). No grupo das Profesionais imos englobar tamén ás
Artistas.
Comecemos
polas Profesionais, que poden ser actividades tales como: enxeñería,
medicina, comercial, artística, ... Cando as Profesionais emiten
unha factura a outra profesional ou empresa, deberá levar retención.
Así se tiñamos previsto percibir, por exemplo, uns honorarios de
100€ ao restar a retención do 15% (15€) queda que levamos ao
peto 85€! ¿Entón que acontece cos meus 100 euros? ¿Onde van os
15€ que me restan por cobrar? A resposta está en Facenda, que é a
que os cobra por nós. Facenda é o órgano encargado de cobrar os
impostos e outros tributos para financiar os gastos do Estado. Un
deses impostos é o IRPF, do que se fai a declaración da Renda 1 vez
ao ano. Pero o Estado non pode esperar un ano a cobrar para ir
pagando todos os desembolsos que se lle presentan, así que nos vai
cobrando aos poucos en forma de retencións, entre outras cousas. O
que estamos a facer, con esa retención da nosa factura, é
anticiparlle impostos ao Estado ao longo de todo ano; factura a
factura. E cando chegue a época de facer a declaración da Renda, é
cando facemos contas con Facenda e vemos se adiantamos de máis (co
cal sáenos a declaración a devolver) ou se nos quedamos escasas (co
cal teremos que pagar).
Dende
o meu punto de vista, o sistema é totalmente inxusto, posto que
somete a unha presión fiscal desmesurada ás Profesionais. Ademais,
marcando unha porcentaxe fixa de retención, incúmprese cos
principios da Lei Xeral Tributaria de “xustiza, xeneralidade,
igualdade, progresividade, equitativa distribución da carga
tributaria”.
[Continuará]
Artigo
publicado en “Revirada revista feminista”
http://reviradafeminista.com/