En
só 8 anos o valor das achegas dos españois ás ONG (Organizacións
non Gobernamentais) caeu un 47%. Mentres que no 2006 as contribucións
das cidadás superaban os 800 millóns de euros, na actualidade non
chega aos 500 millóns.
Esta
baixada no valor das achegas contrasta co mantemento da porcentaxe de
españois que se declaran doantes ou socios dalgunha ONG. Segundo o
último Estudio da Colaboración dos españois coas ONG e do Perfil
do Doante, lanzada pola Asociación Española de Fundraising (AEFr),
o 19,6% da poboación mantén o seu apoio económica ás ONGs. “Este
dato mostra claramente que a cidadanía española é consciente da
importancia do traballo que desenvolven as ONGs e por iso este
incremento no número de persoas que se compromete con algunha delas
dun xeito sostible a pesares da situación de crise na que nos
atopamos”.
Sinala
a crise económica e a falla de incentivos fiscais como causantes
fundamentais da caída das achegas cidadás. Por isto acha necesario
incrementar as desgravacións fiscais que acaden o aumento da
filantropía en España. Máis aínda nuns momentos como os actuais
nos que as Administracións Públicas rebaixaron as axudas ás
diferentes organizacións sociais e humanitarias.
“A
viabilidade financeira das ONGs, cada vez máis, depende do apoio de
cidadás e de organizacións privadas, e cómpre facilitarlles as
ferramentas precisas, tanto fiscais como legais, para que esta
colaboración poda aumentar e deste xeito asegurar a sostibilidade de
programas que son vitais para o conxunto da nosa sociedade”.
_____________
¿Que
é o Fundraising? Nova palabra para un concepto moi vello: captación
de fondos. É como o crowfunding pero levado a cabo por entidades sen
ánimo de lucro normalmente con fins sociais e por calquera medio
persoal, telefónico, novas tecnoloxías, ...
Fontes:
Asociación Española de Fundraising. Socialia