En Bruxelas negóciase un Tratado de Libre Comercio e Investimento (TTIP “Transatlantic Trade and Investment Partnership”) entre os Estados Unidos e a Unión Europea, por suposto co “asesoramento” dos lobbys. Ate hai pouco, en segredo e ás costas dos cidadáns.
Coa escusa de estimular a economía e crear emprego para combater a tan manida crise, en realidade é unha patente de corso para grandes empresas e corporacións, grande banca e fondos de inversión para obter beneficios sen norma, regra nin control. Son moitos os danos e males que sufriría a cidadanía con ese Tratado:
-restrición
da nosa capacidade de decisión, dos cidadáns e dos gobernos
-atentado
descarado contra a democracia
-a
lexislación do país pasa a un segundo plano, porque se creará un
sistema de arbitraxe privada internacional para resolver conflitos
entre inversores e estados. Poderiamos vernos na absurda situación
de que unha empresa privada demandara ao noso estado simplemente por
modificar lei fiscal se esta modificación supón un prexuízo
económico para esa empresa. E, claro, a multa costeámola cos nosos
impostos.
-restricións
dos dereitos dos traballadores en materia de salarios, despidos,
representación sindical, dereito á folga
-restricións
nos dereitos dos consumidores, permitindo a entrada libre de
alimentos xenéticamente modificados, hiperhormonados e clorados
-extensión
do fracking, coa masiva contaminación e destrución medio ambiental
que iso supón ao inxectar auga a presión, misturada con produtos
químicos, para fracturar as rocas subterráneas que conteñen gas ou
petróleo e favorecer a súa saída ao exterior. Estes produtos
usados son tóxicos e canceríxenos, ademais de deixar o subsolo en
condicións irrecuperables e contaminar as augas subterráneas.
-relaxación
na regulación do negocio bancario
Todo
isto non son especulacións. Xa temos a experiencia do tratado
asinado por EEUU, México y Canadá (NAFTA, en inglés) e os seus 20
anos de devastadoras consecuencias para a cidadanía.
Mais
constitúese en Europa unha resposta: o Mandato de Comercio
Alternativo, unha alianza de máis de cincuenta organizacións de
consumidores, defensores de dereitos humanos, do medio ambiente, de
comercio xusto, labregos, sindicatos e axencias de desenvolvemento.
Unha alternativa ao Tratado onde as persoas e o medio ambiente estean
sempre por riba dos beneficios e intereses das grandes corporacións.