Como
alternativa ao Tratado (TTIP) que a Unión Europea e Estados Unidos
xunto coas grandes transnacionais están a negociar, a sociedade
civil europea propón o Mandato de Comercio Alternativo.
A
Alianza do Mandato de Comercio Alternativo está formada por
grupos de campesiñas e campesiños, grupos que traballan en materia
de desenvolvemento, activistas do comercio xusto, sindicalistas,
traballadoras e traballadores migrantes, ambientalistas, grupos de
mulleres, dereitos humanos, consumo y de base confesional de toda
Europa que buscan desenvolver unha perspectiva alternativa da
política comercial europea: unha visión que sitúe ás persoas e ao
planeta por diante das grandes empresas.
Os
principios deste Mandato son:
*Que
os dereitos humanos, os dereitos das mulleres, os dereitos
indíxenas, os dereitos laborais e a protección do medio ambiente
primen por riba dos intereses empresariais e privados.
*A
transformación estrutural, o acceso universal a servizos públicos
de calidade, a protección social, normas laborais e ambientais máis
estritas, a democracia e a transparencia.
*Que
os Gobernos regulen as importacións, exportacións e inversións de
forma que estas sirvan ás súas propias estratexias de
desenvolvemento sostible.
*Que
os países, as rexións e as comunidades podan controlar a
produción, a distribución e o consumo dos seus propios bens e
servizos.
*Que
a política comercial europea respecte o dereito dos países e as
rexións a desenvolver o comercio local e rexional -e a darlle
prioridade- por riba do global, por exemplo, no sector da
alimentación.
*Que
os Gobernos e os parlamentos europeos podan esixir ás súas
corporacións que rendan contas polas consecuencias sociais e
ambientais das dúas operacións en Europa e o resto do mundo.
*Que
se respecte a soberanía alimentar, e se permita que países e
comunidades den prioridade aos sistemas alimentarios locais e
rexionais.
*Que
se fomente unha política industrial que favoreza unha transición
xusta cara outro modelo de desenvolvemento, que ser fortalezan as
regulacións sociais e ambientais, e se garanta a total transparencia
das cadeas de valor mundiais.
*Que
se asegure unha distribución xusta da renda nas cadeas de valor
mundiais, garantindo uns ingresos estables e dignos aos
produtores e traballadores, e prezos accesibles aos
consumidores, especialmente no tocante a necesidades como alimentos e
medicamentos.
*Que
os Gobernos, os parlamentos e as autoridades públicas teñan plenos
dereitos para regular os mercados financeiros e o
sector dos servizos financeiros coa fin de protexer os dereitos
sociais e de benestar, asegurar a sostibilidade, salvagardar o
control democrático e garantir a estabilidade financeira (entre
outras medidas, limitando os movementos de capital).
*O
troco de coñecementos e o libre acceso a eles, por
exemplo, a través de sistemas de código aberto, iniciativas de
troco de sementes ou patentes mancomunadas, e sistemas de licenzas
abertas para promover a innovación e o acceso a medicamentos.
*Que
certos sectores, entre os que estarían bens públicos como a auga, a
saúde e a educación ou os servizos financeiros, queden excluídos
das negociacións da UE en materia de comercio e investimentos.
*Que
se recoñezan responsabilidades comúns pero diferenciadas para os
países en desenvolvemento e se garanta un trato especial e
diferenciado para os máis pobres.
*Que
se aplique o principio de precaución (polo que se asume a
responsabilidade de protexer ao público de danos potenciais, aínda
que non estean demostrados) en todas as regulacións e normas de
comercio e inversións.
Fontes:
noalTTIP (podes ver o documento completo en
https://drive.google.com/file/d/0B_mUdIZ6Oe5YVWk2RTVsUlR6LWc/edit?pli=1)